Máis de 400 estudantes pasaron polo Elma na Pobra para coñecer a dramaturxia valleinclaniana

24 Outubro 2024

A programación das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán ten novamente propostas dirixidas exclusivamente aos centros educativos da Pobra do Caramiñal para achegarlles a figura e obra do autor de Tirano Banderas e Divinas palabras.

Durante esta semana pasaron polo Teatro Cine Elma máis de catrocentas/catrocentos estudantes de diferentes graos da ensinanza. O alumnado do IES asistiu á función Luces de bohemia, de MyH Producciones, mentres que alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras e do CEP Pilar Maestú Sierra se desprazou para a peza Farsas, de Teatro Cachirulo, onde houbo tamén interacción co público.

Ademais, as escolas infantís participan na actividade Pinta a Valle-Inclán, a cal consiste en aplicar calquera técnica plástica en ilustracións da autoría do artista Siro, coa posterior exposición na Casa da Cultura.

“Un ano máis, traemos nesta axenda accións para mergullar a comunidade educativa no universo valleinclaniano. Un dos pratos fortes deste programa de actos son as artes escénicas, polo cal tivemos tamén teatro para a secundaria e a primaria, mentres que optamos polas artes plásticas para a infantil”, apuntou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Para o resto do público continúan nesta fin de semana as accións culturais. No venres 25 terá lugar a presentación de Flor de Santidad: Historia milenaria, de Ramón del Valle-Inclán, cunha edición facsímile a cargo de Olivia Rodríguez Tudela, profesora da Universidade da Coruña, na compaña do editor, Quique Alvarellos Casas. Esta obra foi recoñecida polo Ministerio da Cultura co segundo premio ao facsímile mellor editado en España en 2023. Será ás 20.00 horas, na sala de iconografía do Museo Valle-Inclán.

Haberá tamén un itinerario teatralizado con moito humor por espazos valleinclanianos da Pobra con A vila na que as pariu! Cen anos das Luces de bohemia de Valle-Inclán, da man de Teatro Enpunto, no sábado 26, a partir das 12.30 horas. O punto de encontro establécese no Cantón da Leña.

E Cardume Teatro representará Las galas del difunto… e outros esperpentos, no Teatro Cine Elma, ás 19.30 horas do domingo 27.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...