Lingua, Familia e Acougo presentan un novo novo proxecto de Os Bolechas: Familias acolledoras

03 Outubro 2024

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Familia e Infancia, xunto coa Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), presentaron este 3 de outubro o novo proxecto Os Bolechas. Familias acolledoras, un conxunto de materiais dirixidos á xente miúda e ás familias que participan en acollida temporal de nenos e nenas, que teñen como finalidade dinamizar o uso do galego nestes procesos.

O secretario xeral Valentín García salientou “a oportunidade de favorecer e reforzar tamén a integración lingüística e a transmisión interxeracional do galego dos nenos e nenas durante os procesos de acollida familiar”, así como “de facelo da man dos Bolechas, uns dos grandes referentes da dinamización lingüística na cativada”.

Pola súa parte, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, lembrou que en Galicia máis dun milleiro de nenos e nenas poden vivir nun fogar grazas ao acollemento familiar, a través do cal estes menores medran nun fogar distinto ao dos seus proxenitores.

Canda eles, participaron na rolda de prensa Cristina Gómez Costoya e Carmen Rodríguez, vicepresidenta e directora xeral de Acougo, respectivamente; e Teté Rocamonde, representante de Bolanda Edicións e tamén nai acolledora.

O novo proxecto didáctico Os Bolechas. Familias acolledoras sae do prelo da man de Bolanda Edicións integrado por un libro e un caderno de actividades en galego que abordan a realidade dos nenos e nenas que pasan por procesos temporais de acollida. Á casa dos irmáns Bolechas chega Balbino, que vivirá coa familia Bolechas para compartir temporalmente con eles fogar e aventuras. O obxectivo, ademais de dinamizar o uso da lingua galega na cativada a través da lectura, é o de sensibilizar a prol desta realidade social e axudar a normalizar este tipo de situacións tan habituais.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.