Membros de Galiza Nova Barbanza, xunto coa deputada comarcal, Rosana Pérez e a Secretaria
Xeral de Galiza Nova, Marta Gómez; expuxeron esta segunda feira, en Rianxo na Parada de
Setefogas, as preguntas para resposta oral na Comisión 2a e a proposición non de lei para
debate no pleno, relativo á inclusión na nova licitación da concesión de transporte público do
Barbanza dun servizo entre os concellos da zona e a estación de ferrocarril ubicada en Catoira.
Por unha banda, Marta Gómez (Secretaria Xeral de GN), trasladou a gran necesidade desta
iniciativa, que melloraría sen dúbida a mobilidade desta comarca, dándolle maior dinamismo
tanto socialmente como economicamente. A parte de resolver un problema que padece en
gran medida a mocidade (para trasladarse aos seus centros de estudo ou traballo), e que
tamén atinxe en gran parte ao resto da veciñanza do Barbanza.
Por outra banda, Sarela Betanzos (membro de GN), defendeu a gran acollida que tipo por parte
da cidadanía do Barbanza a campaña “QUEREMOS MOBILIDADE PARA A NOSA MOCIDADE”;
iniciada o 11 de agosto e concluída o 1 de setembro; e que en tan só tres semanas, nas cales a
militancia de Galiza Nova Barbanza, recorreu praias, festas, feiras, etc. foron quen de recadar
dúas mil sinaturas.
Finalmente, Rosana Pérez (deputada pola comarca do Barbanza), expuxo que o 30 de
novembro de 2023, a iniciativa do BNG e contando co acordo unánime do Parlamento,
instábase ao Goberno a empregar todas as ferramentas incluídas no prego de cláusulas
administrativas para a mellora na prestación do seu servizo público na comarca do Barbanza;
con esta medida, buscábase garantir a prestación do servizo segundo as demandas e as
necesidades das persoas usuarias. Sen dúbida, unha medida que satisface ao conxunto da
cidadanía da comarca, despois de anos denunciando deficiencias e incumprimentos por parte
da empresa concesionaria, deste servizo.
En definitiva, de levarse a cabo, sería o comezo dun servizo de autobús ata o de agora
inexistente, que conectaría os catro concellos desta comarca e a estación de ferrocarril de
Catoira, con cando menos, dous horarios Catoira-Ribeira os venres, e outros dous Ribeira-
Catoira o domingo; e que en función dos usuarios e usuarias da mesma, poderían ampliarse
paulatinamente, tanto no referido aos horarios como ao número de prazas.
Tamén é acaido, considerar a necesaria conexión entre as dúas beiras da Ría de Arousa, co
obxectivo de facilitar a mobilidade e a accesibilidade á mesma no conxunto do territorio. De
non licitar esta nova concesión do servizo de transporte público na comarca do Barbanza, que
outras fórmulas contempla o Goberno galego, para conectar ambas as dúas marxes da Ría de
Arousa?