Galiza Nova critica ao PP por votar en contra da proposta para incluír unha liña de buses cara ao Barbanza dende a estación de tren de Catoira

22 Outubro 2024


Este mércores 16, tivo lugar na Comisión 2ª a proposta do BNG; o debate sobre a inclusión dunha nova licitación da concesión do transporte público do Barbanza dun servizo entre os concellos da zona e a estación de ferrocarril de Catoira. A deputada comarcal da Pobra, Rosana Perez, foi a encargada de defender a proposta ante a comisión, logo do acordo chegado o 30 de novembro do 2023 por unanimidade nesa comisión e a vontade común de “mirar por mellorar o servizo do transporte público na comarca”. Así, ante o anuncio por parte da Xunta dunha nova licitación para o Barbanza, Rosana Pérez avogou porque se aprobe a nova liña dende a estación de Catoria, “a cal é evidentemente necesaria”, dixo, “como se demostra nas dúas mil sinaturas que foi quen de recadar Galiza Nova Barbanza en tan só 20 días, recorrendo só os catro concellos que conforman o norte da ría da Arousa”.

O PPdeG, pola súa banda, defendeu que ata o do momento xa había unha liña de bus Ribeira-Vigo para estudantes; os domingos, con saída de Ribeira á s 18:30 e os venres dende Vigo á s 21:00; e “que polo tanto o servizo que está a propor o BNG é peor que o actual”.

A parlamentaria lembrou que a proposta do BNG consiste “nunha liña de reforzo as fins de semana que nos permitiría voltar ás nosas casas o venres (Catoira – Ribeira; saídas á s 19:45 e á s 22:00) e ir ao noso lugar de estudo ou traballo o domingo (Ribeira – Catoira; saídas á s 15:30 e á s 18:30), sen depender de ninguén”.

Os nacionalistas propuxeron paradas en Ribeira (Estación de Autobuses), A Pobra (Estación de Autobuses), Boiro (praza do Concello) e Rianxo (Parada Setefogas) ata Catoira (Estación de Ferrocarril). “Incidimos en que é unha proposta para dar inicio a unha liña de bus inexistente ata o momento e que, en función dos usuarios da mesma, sería cuestión posteriormente de ampliar paradas e horarios de saída”.

Trala defensa de Rosana Perez, pola implantación desta nova liña, a cal ve como “dunha gran necesidade para a comarca e para a mellora da cohesión do territorio; a iniciativa contou só co apoio do Grupo Parlamentario do BNG e do PSdeG, e cos votos en contra do PPdeG, polo tanto a proposta non foi avante. Dende a organización nacionalista recalcan que “isto non conclúe aquí, e que as demanda será n levadas ante a Dirección Xeral e o conselleiro de Mobilidade”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.