“Falar cos defuntos” – Xosé González Martínez

02 Outubro 2024

No dicir dos antropólogos os defuntos están sempre próximos, mesturados cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá. Este aserto pódese comprobar facendo visitas aos nosos cemiterios a calquera hora do día; sempre hai alguén poñendo flores ou limpando a lápida do nicho. Ou mantendo unha reflexión íntima co defunto. Son maioritariamente mulleres.

Hai pouco tempo visitaba en compaña da miña amiga Sara Soto o cemiterio de Vilanova dos Infantes. Mentres comentabamos a desgaleguización das tumbas, decateime da presenza dunha muller. Observeina con interese, porque o primeiro que fixo foi persignarse, e despois, con moito recollemento, estivo dous ou tres minutos perante o sartego, interpretando que mantiña un diálogo coa memoria da súa nai que repousaba baixo aquela tampa de granito. Cando rematou, bicou a tampa do sartego. Encarna, que así se chama a señora, permitiume que a fotografase naquel trance. Díxome que despois de deixar arrombada a casa, achegábase ao camposanto para repetir o mesmo rito todos os días.

Aquela imaxe tróuxome á memoria un poema de Rosalía de Castro escrito en 1880 no que describe con exactitude eses ritos repetidos acotío nos cemiterios: “D´os vivos amigos sodes/mortos que ali tés descanso,/e nin os nenos vos temen./ Visítanvos cada día,/falan convosco rezando/auga bendita vos botan/n´a sepultura ó deixarvos…/E !Hastra mañán” se despiden/de vós para o seu traballo”.

Esta práctica devota que os galegos manifestamos polos defuntos, que en vida foron galegofalantes, realízase nun contexto anómalo: os epitafios das lápidas están escritos maioritariamente en castelán. Esta circunstancia é o resultado dunha inercia de moitos séculos, porque a Igrexa non inculturizou a fé. Pero tamén pola falta de autoestima dos galegos e galegas. Lembro que en certa ocasión pregunteille a unha señora que limpaba a sepultura porque o epitafio estaba en castelán. Púxose moi seria e preguntoume con certo aquel de malestar; e que mal lle fai? Aquel que está alí, indicándome outra sepultura, ríase do meu pai chamándolle analfabeto por non saber falar o español; por iso lla puxemos nós en español, pensaba el que o papá ía ser menos?. E unha cousa leva a outra: as esquelas publicadas nos medios de comunicación ou espalladas por outros medios están escritas maioritariamente en castelán.

Cómpre que os concellos galegos, cumprindo co mandato legal de fomentar o uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais, se sumen á iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística co evocador rubro de “En galego, agora e sempre”. A proposta consiste en colocar unha placa na porta dos cemiterios rendéndolle homenaxe á “parroquia dos mortos”, con este texto: “Na memoria de todas as persoas que xacen aquí, porque grazas a elas Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”; que se complementa coa substitución de epitafios en castelán por outros en galego, sempre que os herdeiros manifesten a súa aprobación.

Este ano, máis de trinta concellos participarán con cadanseu Día de Restauración da Memoria Lingüística. Facemos reconto dalgúns deles. Colocaranse novas lápidas, en San Xoán de Río, no panteón onde xace o exmilitar da Unión Militar Democrática, Octavio Vázquez Sotelo; en Coles, en San Eusebio da Peroxa, substituiremos a do compositor e celebrado director da Coral de Ruada, Manuel de Dios. En Terra de Montes identificaremos cun acaido epitafio en galego a lápida de Avelino Cachafeiro, deica agora en castelán, como o gran gaiteiro que foi; e en Vilanova dos Infantes faremos outro tanto coa do P. Silva, fundador da Cidade dos Muchachos.

Cómpre mudar o que está mal, sobre todo no daquelas persoas senlleiras que en vida pertenceron a grupos folclóricos, orfeóns e corais polifónicas, que foron transmisoras da nosa tradición oral. É un contrasentido que agora, despois de mortas, as súas memorias se perpetúen en castelán.

Este mes estará inzado de actos de pedagoxía galeguizadora en moitos cemiterios do país.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

+

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...

+

“O Barbanza sabe a mar”. Antón Luaces

Con preto de 70.000 habitantes, os 247 quilómetros cadrados da comarca do Barbanza que constitúen os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira souberon dende os primeiros tempos aproveitar todo o moito que o mar ofrecía (e aínda ofrece). En primeira...

+

“Mi amiga, problema solucionado”. Manuel dominguez

Mi amiga tiene un currículum vitae impresiónate, así se lo dicen los directivos donde se presenta candidata a un puesto de trabajo El problema es que hay un hueco de 5 años sin cubrir, que fue el tiempo que se dedico a sus dos hijos. Todos le preguntan por ese tiempo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Encontro consigo e cos amigos”. Luís Celeiro

“Encontro consigo e cos amigos”. Luís Celeiro

Víronse no medio do mar e o mar estaba por medio, como sinalan moitos documentosnotariais ao describir os lindes das leiras galegas do Norte, desas terras amparadas poloAtlántico e abrazadas ao Cantábrico de auga quente, a máis quente dos mares que nosrodean. Víronse...

“O Carballiño”. José Castro López

“O Carballiño”. José Castro López

Unas semanas atrás comenté los tres rasgos distintivos del concello de O Porriño y hoytraigo a este comentario la singularidad de otro concello, O Carballiño, que tambiénsobresale por tres peculiaridades.La primera es el templo católico de la Veracruz, el segundo...