Este venres a Policía de Rianxo pechará ao tráfico boa parte do centro da vila para garantir a seguridade X Carreira Popular

29 Outubro 2024

Este venres 1 de novembro celébrase finalmente a X Carreira Popular Concello de Rianxo, unha importante proba deportiva a nivel comarcal e galego que discorrerá polo centro urbano e máis a zona portuaria e que está organizada olo Concello e máis o Club Atletismo Rianxo. Coa finalidade de garantir a máxima seguridade e que todo transcorra con normalidade, a Policía Local compartiu unha serie de indicacións sobre as medidas a tomar no día da carreira, entre as cales figura un corte de tráfico integral en todo o percorrido, durante as horas que sinalamos a continuación:

-Entre as 10.30 e as 13.30 horas cortarase o tráfico polas rúas comprendidas entre o cruce da praza de Castelao e a rotonda do porto, afectando a todo o paseo da Ribeira e de Manuel Antonio, aos paseos interiores dos xardíns e ao centro histórico da vila.

-Entre as 11.45 e as 13.30 horas, aproximadamente, o corte de tráfico será ampliado ás rúas de Rinlo, Autores da Rianxeira, a toda a zona portuaria, O Castelo, a estrada de Tanxil (zona baixa) e a todo o centro histórico.

-Entre as 10.00 e as 13.30 horas os autobuses realizarán a parada na rúa Xosé Arcos Moldes (na contorna do Bar Lar e do Colexio Castelao).

Os axentes pregan a colaboración da veciñanza para que “se teñen previsto usar os vehículos nas franxas horarias sinaladas os retiren dos lugares afectados con antelación suficiente para evitar contratempos e esperas innecesarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.