Este domingo celébrase no concello de Rianxo a XXIII Subida a Castro Barbudo (en bicicleta e camiñando)

04 Outubro 2024

Este domingo 6 de outubro celebrarase finalmente a XXIII edición da Subida ao Castro Barbudo (BTT) e a V Andaina da subida. Trátase dunha importante proba (paisaxística e deportivamente) organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo coa colaboración do Concello de Rianxo a través da que as persoas participantes poderán descubrir algunha das paraxes máis senlleiras do municipio rianxeiro e da súa contorna.

A XXIII Ruta BTT Castro Barbudo en bicicleta de montaña e a V Andaina ao Castro Barbudo celebraranse de xeito simultáneo este domingo con saída de Campo de Pasos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro. A saída darase as 09:00 horas.

A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición.

A idade mínima para poder participar na marcha será de 18 anos e a idade máxima de 75 anos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.