“Encontro consigo e cos amigos”. Luís Celeiro

10 Outubro 2024

Víronse no medio do mar e o mar estaba por medio, como sinalan moitos documentos notariais ao describir os lindes das leiras galegas do Norte, desas terras amparadas polo Atlántico e abrazadas ao Cantábrico de auga quente, a máis quente dos mares que nos

rodean. Víronse no traxecto de ida ou de volta e falaron, entendéronse e acordaron. A
conclusión foi que Galicia, Inglaterra e Irlanda poden bicarse bicando ao mar. Son limítrofes, mar por medio.
E, en Ribadeo, seguen co seu brío aquelas xornadas, Mar por Medio, impulsadas, naquel tempo, por Eduardo Gutiérrez e John Rutherford, os dous recordados e aludidos este mesmo ano, cando se celebraron a XIX edición, polo alcalde actual de Ribadeo, Dani
Vega. Agora, xunto co Concello, a Academia Xacobea é quen promove a iniciativa e divulga os valores do Camiño de Santiago.
As Xornadas teñen a sede en Ribadeo, pero son as xornadas de Mar por Medio, de aquí e de
acolá, da Galicia costeira e mariñeira e da Galicia do interior, da montaña e da chaira. E son,
tamén, para os peregrinos, para todos os que andan polos camiños de andar, do saber e do
aprender. Por calquera das rutas do Camiño de Santiago.
As Xornadas Mar por Medio, neste ano 2024, reuniron en Ribadeo a autoridades políticas e
académicas, o reitor de Santiago e o exreitor de Oviedo; catedráticos e profesores das dúas
universidades, das universidades de A Coruña, de León e de Vigo; expertos e estudosos do
Camiño de Santiago, xornalistas, filósofos, lingüistas, homes da igrexa, músicos, arquitectos,
veciños de Ribadeo e da Mariña.
Tamén estivo presente, moi presente, a memoria de Elías Valiña, o cura do Cebreiro dende
1959 ata o seu pasamento en 1989. Un cura e investigador ao servizo do Camiño de
Santiago e do desenvolvemento ecolóxico, económico, pedagóxico, educativo, cultural e
social do entorno e de Galicia.
Pola beira e polo medio do mar camiñan os peregrinos. Veñan de onde veñan, por calquera
ruta que sexa, seguen ata Compostela e como di Novoneyra, “en chegando a Santiago / e
logo despois que fago? …”. Ao parecer a maioría, aínda ben non chegan á entrada de
Santiago, xa pensan na próxima peregrinación para encontrarse consigo e cos amigos.
Felicidades para todos os que organizan encontros xacobeos e para todas aquelas persoas
que peregrinan! Permítannos que lles contemos unha cousa: o vindeiro día once de
decembro é o cabodano de Elías Valiña e, con tal motivo, a Asociación de Periodistas e
Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), que preside Xosé María García Palmeiro; a
familia do crego do Cebreiro, os seus amigos, Frei Paco, o párroco do Cebreiro; os alcaldes
da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño de Santiago e, mesmamente, a Tía
Manuela, queren conmemorar esta data cunha semana de actos, el Lugo, en Santiago de
Compostela, en Sarria e en O Cebreiro. Amigas e amigos lectores, falamos!

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.