En Ribeira presentada a I Milla Día da Hispanidade

01 Outubro 2024

Presentouse unha nova carreira para engadir ao dinámico calendario de citas deportivas que temos no calendario; a “I Milla día da Hispanidade” . Á presentación compareceron o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, o concelleiro de mar, Fernando Abraldes, e a responsable do Club El Canario, Clara
Millares.

Terá lugar o sábado día 12 de outubro, dende as 17 horas ó longo da avda. do Malecón en Ribeira. O percorrido é totalmente chairo nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das categorías. Haberá categorías tanto masculinas como femininas.
Furones e Abraldes animaron a toda a veciñanza a participar e agradeceron o traballo que están facendo dende o GAEM e a Policía local.
As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do domingo 6 de outubro. Os dorsais poderán retirarse o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba. O custe da inscrición é de 5 euros a partir de Sub16 incluída ata Master4. E de balde o resto das categorías.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.