En Ribeira detectado un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres

08 Outubro 2024

Corresponden a cinco exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), dos cales catro foron recollidos en Xove e o quinto en Ribeira.

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de cinco exemplares de gaivotas patiamarelas afectados por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid). Catro das aves, que constitúen un único foco desta enfermidade, foron atopadas no concello lucense de Xove, e a quinta no municipio de Ribeira, que supón outro foco.

Os catro exemplares localizados en Xove foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral, en Lugo, e o de Ribeira ao de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade. As aves foron mostrexadas para proceder á análise laboratorial, eliminándose os cadáveres conforme á normativa en vigor.

A notificación destes focos, ao afectar exclusivamente a aves silvestres, sen ningunha outra afectación noutras especies avícolas, non implica cambios no status sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria, nin supón ningunha restrición ou medida adicional con respecto ao comercio de aves vivas ou produtos avícolas derivados orixinarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Medidas de prevención sanitaria

A valoración de risco de influenza aviaria a nivel do Estado tampouco sufriu variación respecto aos meses anteriores, ao non tomarse medidas adicionais respecto ás que xa estaban en vigor desde maio de 2023. Na data actual mantéñense unicamente en Galicia certas medidas de prevención sanitaria nos sete concellos da provincia de Pontevedra que pertencen á denominada Zona de Especial Risco (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa).

Porén, e dada a importancia do sector avícola na nosa Comunidade, cómpre continuar implementando as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, de calquera tipo, tanto comerciais como particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto con aves silvestres, así como intensificar a vixilancia de calquera signo de enfermidade tanto en explotacións avícolas como en aves silvestres, notificando a sospeita aos Servizos Veterinarios Oficiais.

Outros artigos

Sábado 9, nubes e claros e risco de orballos pola noite

Este sábado, 9 de novembro, Galicia situarase baixo a influencia dun sistema de altas presións, que traerá ventos de compoñente oeste, cargados de humidade. Espérase unha xornada marcada por ceos moi nubrados en xeral, con probabilidade de orballos, especialmente na...

+

Este sábado en Ribeira contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas

Este sábado 9 de novembro ás 12.00 h temos contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”. Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indignación en la zona cero”. José Castro López

“Indignación en la zona cero”. José Castro López

Unos años después de que los filósofos griegos Tales de Mileto, Anaxímenes,yHeráclito buscaran la esencia del universo o el principio fundamental de todas las cosas,Empédocles de Agrigento recogió sus pensamientos y concluyó que “la tierra, el aire, elfuego y el agua”...