“Desafío español: Avanzar cara unha sociedade cohesionada, inclusiva, diversa e xusta” – Antón Luaces

21 Outubro 2024

Moitos son os desafíos asumidos polos españois en poucos anos; pero aínda quedan moitos outros por cumprir: riqueza, emprego, desenvolvemento, pechar as portas ao racismo, á xenofobia e á intolerancia. 

Non vai ser doado acadar todo isto, pero o desafío actual parte do apuntado en decembro pasado pola ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e que o vindeiro mes de novembro será aprobado polo Consello de Ministros en base a modificacións previstas no regulamento da Lei de Estranxeiría que deberían estar aprobadas no primeiro semestre de 2024.

Con esta reforma, o Goberno tenta reducir os tipos de permisos de residencia e traballo vixentes actualmente, de cara a simplificar a documentación e trámites esixidos aos cidadáns estranxeiros que tentan a súa regularización en España. Con tal reforma, o Goberno agarda cumprir coa transposición do ordenamento xurídico español de dúas directrices europeas: a de permiso único e a de residencia de longa duración. 

A prevista reforma tenta simplificar o sistema de autorizacións de residencia mediante a redución da burocracia e axilización dos requisitos, de cara á rebaixa dos procedementos actuais e así diminuír os seus prazos. Os primeiros beneficiados poden ser os estudantes estranxeiros: o visados de estudos rexistrará cambios de cara a supresión da obriga de renovar cada curso a residencia con máis facilidade para pasar dun permiso de estudos á autorización de traballo (co obxectivo de atraer o talento de aqueles que estudaron en España).

Para as persoas sen papeis  residentes en España  tamén haberá cambios á hora de acadar un permiso de residencia por arraigamento: ao parecer vai reducirse un ano o tempo que deben probar ter vivido clandestinamente no país, pasando de tres a dous anos. Tamén se elimina o requisito de presentar un informe de arraigamento social, se ben se mantén a esixencia de presentar unha oferta de traballo, dificultade actual para os que están en situación de clandestinidade. 

 Para os familiares estranxeiros de cidadáns españois, a normativa simplificará as canles polas que os seres queridos de inmigrantes que obtiveran a nacionalidade española podan acceder a un permiso de residencia, multiplícase o número de familiares que poden beneficiarse deste tipo de autorización e cambia a idade máxima das persoas que poden solicitar este permiso, colocándoo en 26 anos para os descendentes e en 80 para os ascendentes. Os que se acollan a esta autorización poderán tamén solicitar o reagrupamento familiar  e terán permiso de traballo temporal de xeito automático, sen ter que esperar á renovación definitiva da súa petición.

Paralelamente a esta tramitación vai a parlamentaria da iniciativa lexislativa popular (ILP) para a regularización extraordinaria das preto de 200.000 persoas que se calcula viven en España sen papeis, a maioría delas de orixe iberoamericana.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.