Estas tarefas se desenvolverán durante toda a semana laboral, das 7 e as 18 horas, agás o venres 18, que rematarán ás 13 horas, e o seu obxectivo é seguir avanzando na primeira fase das obras de reforzo de firme da AG-11
As intervencións suporán na maior parte das xornadas só corte de carril, coa excepción do martes 15 no enlace de Boiro Espiñeira, ramal de acceso sentido Padrón, que farán necesario o corte do mesmo entre as 12:30 e as 18:00 horas
As afeccións ao tráfico serán debidamente sinalizadas mediante sinalización vertical e nos correspondentes paneis de sinalización variable
A Xunta continuará a vindeira semana, desde o luns 14 e ata o venres 18, se as condicións meteorolóxicas o permiten, as obras de renovación do pavimento na autovía AG-11 do Barbanza.
Trátase de seguir avanzando na primeira fase das obras de reforzo de firme retomada o pasado mes de setembro, e as novas tarefas se desenvolverán ao longo de toda a semana entre as 7 e as 18 horas, agás o día 18, que rematarán ás 13 horas.
Seguindo o programa inicial dos traballos, o luns día 14 actuarase entre os puntos quilométricos 25+400 e 28+900, na calzada esquerda. Implicará só corte de carril.
O martes día 15 traballarase entre os puntos quilométricos 25+200 e 26+400, na calzada esquerda, implicando tamén só o corte de carril.
En paralelo, o martes traballarase tamén no enlace de Boiro Espiñeira, ramal de acceso sentido Padrón. Neste caso as tarefas farán necesario o corte ao tráfico do ramal entre as 12:30 horas e as 18:00 horas.
O mércores día 16, as obras continuarán entre os puntos quilométricos 11 e 12, na calzada esquerda. Implicará só corte de carril.
E o xoves día 17 e o venres día 18, traballarase entre os puntos quilométricos 7+700 e 9+300, na calzada esquerda. Implicará só corte de carril.
As afeccións ao tráfico serán debidamente sinalizadas mediante sinalización vertical e nos correspondentes paneis de sinalización variable.