Comeza no Son o programa formativo que dará impulso á Mesa Local Contra a Violencia de Xénero

23 Outubro 2024

Este mes de outubro colle impulso definitivo a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero de Porto do Son, que nace para canalizar os esforzos e recursos das entidades locais (públicas, sociais, sanitarias, docentes, policiais, etc) de cara á prevención e loita contra as agresións machista en calquera das súas manifestacións.

“A súa natureza insterinstitucional facilitará o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio”, sinala o Concello de Porto a respecto dos obxectivos que se buscan con este tipo de iniciativas, engadindo que este mércores 23 de outubro e máis o día 30 do mesmo mes desenvolverase o programa de actividades formativas que dará impulso á Mesa Local.

En concreto, o obxectivo da formación é o “de facilitar claves para o traballo grupal e a dinamización e participación dos axentes que forman parte das Mesas Locais, a través da mellora das capacidades para a organización e a dinamización de procesos de traballo e de toma de decisións”.

Estes son os retos marcados nas sesións formativas:

-Mellorar a eficiencia do conxunto de espazos de toma de decisión, asembleas e reunións nos que se organizan as mesas locais de coordinación.

-Identificar e pór en valor as lóxicas de traballo, así como os elementos ou obstáculos que facilitan/ dificultan a operatividade das mesas locais.

-Identificar axentes e entidades do territorio para a procura de alianzas sobre as que deseñar estratexias de prevención e loita contra a violencia de xénero.

-Mellorar a coordinación e a participación activa das persoas que forman parte da Mesa Local

-Identificar as condicións e habilidades facilitadoras para asentar a Mesa Local de coordinación como espazo de referencia na colaboración para unha atención integral ás mulleres da contorna.

-Coñecer as competencias e habilidades persoais para un liderado democrático e transformador: comunicación, escoita activa, empatía, dinamización de grupos, mediación, moderación de reunións, resolución de conflitos…

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...