Chega a XXIV edición do clásico Cidade de Ribeira de Taewondo

08 Outubro 2024

Este martes 8 de outubro presentouse o xa clásico Cidade de Ribeira de Taekwondo na seu vixésimo cuarta edición. Participaron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal e o director deportivo del Natural Sport, Juan Luis Martínez. O evento celebrarase os días 12 e 13 de outubro no Pavillón Municipal da Fieiteira. Contará con mais de 800 participantes totais, haberá seis pistas montadas con sistemas electrónicos, as categorías van dende infantil a máster e será puntuábel para os deportistas galegos e para os deportistas portugueses.

O sábado 12 realizarase a entrega dos premios Con Naturalidade, que recoñecen o labor de entidades e/ou persoas que poñen en valor o taekwondo, o nome de Ribeira ou de Galicia en diferentes ámbitos: deporte, arte, cine, etc. Na vixésimo cuarta edición os recoñecementos serán para o Equipo Olímpico e Parolímpico Español coa presenza entre outras da medallista olímpica Adriana Cerezo, Abraham Benítez voluntario do ano pola Xunta de Galicia, As Tanxugueiras e Ana Peleteiro (pendente de confirmación).

O concelleiro de Deportes felicitou ao club Natural Sport por organizar este evento un ano máis e manifestou que o Concello seguirá apoiando e apostando por esta entidade “porque é un dos clubs máis importantes que temos en Ribeira que leva o nome da nosa cidade polo mundo adiante conquistando diferentes galardóns a nivel europeo e nacional”.

Pola súa banda, Juan Luis Martínez agradeceu ao concello pola colaboración comentou que “este ano o numero de participantes en total incluíndo, adestradores, árbitros, deportistas…, sobrepasan as 800 persoas; este evento vai ter un retorno económico para a nosa cidade e para os arredores xa que cando chamo aos hoteis e restaurantes xa me están confirmando que están cheos ou non teñen reservas, por iso me congratula que un evento deportivo apoiado polo Concello e a Federación Galega de Taekwondo repercuta positivamente na cidade e na nosa veciñanza”.

Juan Luis confirmou a presenza da recente medallista mundial Noa Romero recen chegada de Corea e que tamén vai a competir no Cidade de Ribeira.

A xornada comeza o sábado de 9.00 h a 14.30 h e de 15:00 h a 21:00 h e o domingo pola mañá de 9:00 h ás 14.30 h.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.