Cáritas celebra este domingo o Día das Persoas sen Fogar baixo o lema “Camiñemos xuntos”

24 Outubro 2024

A campaña das Persoas sen Hogar, promovida por Cáritas e cuxo día central terá lugar o domingo 27 de outubro, ten como lema “Camiñemos xuntos”, e para a súa realización contouse coa participación de persoas en situación de rúa.


Foron elas quen en primeira persoa falaron de quen é, cal é a súa historia, que piden como individuos,
comunidades e sociedade en xeral faise especial fincapé no Camiño de Santiago que é longo e cheo de obstáculos. Trátase dunha persoas sen fogar que ten 52 anos que como el menciona deixou atrás moitas pegadas de soidade e incomprensión, historias de vidas rotas cheas de dor e desesperanza. Lembra que se teñen que enfrontar a numerosas dificultades para acceder a unha vivenda, a un emprego ou, simplemente, para saír da invisibilidade á que a sociedade os somete habitualmente

Acompañamento
Cáritas Española acompañou o ano pasado a 42.336 persoas sen fogar, un 7,2% máis que o ano anterior, segundo a Memoria de actividades. Dous de cada dez son mulleres e a metade delos atendidos son de nacionalidade española. O 29,9% das persoas sen fogar declara ademais non ter ningunha fonte de ingresos.

Como referencia sinalar que ao longo do ano pasado no centro Vieiro de Cáritas Diocesana de Santiago foron
atendidas 445 persoas, que a media diaria das atencións supera o medio centenar e que se segue producindo un aumento de mulleres atendidas.

Moitos obstáculos
Ao longo dun ano, unha trintena de persoas que participan nos programas de persoas sen fogar de diversas
Cáritas diocesanas, entre elas Santiago, compartiron a súa realidade vital e dificultades para dar forma a esta
campaña, cuxo principal obxectivo é a sensibilización social.
A falta dun teito obriga a estas persoas para afrontar a diario unha serie de obstáculos que impiden a súa integración plena na sociedade. Entre elas destacan, a falta de intimidade, as dificultades de acceso a un traballo decente e a unha vivenda adecuada, as trabas para acceder aos trámites da administración pública, por exemplo o empadroamento, ou os problemas de saúde física e mental

Sinhogarismo
No manifesto feito público entre outras cuestións sinálase con contundencia que “somos persoas en situación
de sinhogarismo, cada unha de nós está a percorrer un longo camiño de encontro cara á inclusión efectiva na
sociedade, cara ao logro das nosas metas, cara á mellora das nosas vidas e das comunidades que nos arroupan”.
“Somos homes e mulleres, novas, persoas migrantes, persoas con discapacidade, traballadores pobres, que chegamos ata aquí desde diferentes lugares e circunstancias”, sinalan noutro apartado, Desde esta realidade creouse a Estratexia Nacional contra o sinhogarismo en España (2023-30), piden que debe converterse en lei de obrigado cumprimento se se pretenden dar pasos cara a adiante.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Martes 24, xornada de inestabilidade atmosférica e baixa térmica

Este martes agárdase a formación de nubes de evolución que darán lugar a chuvascos localmente treboentos, especialmente nas zonas do interior da Comunidade podendo proucirse chuvascos na comarca o mediodía. Nalgúns puntos, estes episodios de treboada poderían vir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.