“Camiñar” – Xulio Xiz

26 Outubro 2024

Camiñar por Lugo é unha experiencia; un pracer. Aínda que non mo dixeron por escrito, os que saben do funcionamento dos corpos dixéronme que hai que camiñar, e camiño. Ordenaron que fosen corenta minutos diarios, e estou conseguindo medias de noventa. Paréceme que así lles levo un pouco a contraria, que esta debe ser das poucas rebeldías que a estas alturas me quedan.

Camiñar polo centro é doado para os que andamos pola segunda mocidade, porque non hai grandes costas se circulamos polo gran lombo deste promontorio que discorre entre Garabolos e Fingoi con dúas portas da muralla por medio.

Síntome algo máis torpe ca antes, e tropezo en calquera palla, xa non digamos nas lousas levantadas en Santo Domingo, nas mal colocadas arredor da muralla, nas que van erguendo as raíces das árbores, nas que nunca estiveron ben postas. Recordo cando os albaneis usaban un nivel para que non quedasen arestas nin buratos nos pavimentos. Desque entramos en Europa entendo que os niveis están prohibidos e todo se amaña a ollo.

Foime difícil nas festas, aborrecendo os paraugas, camiñar os días de choiva. E por principio négome sacar o coche para vir ao centro, salvo caso de forza maior, e arrepíntome dos centos de veces que vin traballar a golpe de volante, comprobando agora que se chega moito máis axiña no coche de San Fernando. Mesmo coido que estou traballando cando pola rúa atopo alguén con quen debía falar, ou por teléfono soluciono algún tema. Media vida pensando que o coche é o medio perfecto para desprazarme, e resulta que o mellor sistema téñoo incorporado desde que nacín. E, polo de agora, funciona. A ver se dura.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.