Boiro acolle este venres un curso para previr riscos de condutas suicidas

21 Outubro 2024

Este venres 25 de outubro celébrase en Boiro unha actividade formativa que pon o foco en fomentar a saúde mental dende idades temperás: o Curso de prevención e intervención da conduta suicida que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello. Será no Centro Social de Boiro a partir das 10.00 horas. As persoas interesadas en acudir deberán chamar ao 981 84 48 00 ext. 1285 ou enviar un correo electrónico á conta cim@boiro.org.

O obxectivo desta xornada é ofrecer “unha formación para dar a coñecer os datos estatísticos, factores de risco, desencadeantes e de protección, grupos vulnerábeis, sinais de alarma, valoración de risco e intervención ante a conduta suicida”.

O Concello de Boiro leva a cabo esta actividade en colaboración coa entidade Andaina Pro Saúde Mental para dar unhas pautas sobre como tratar as especificacións da intervención con poboación infanto-xuvenil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.