Aviso este martes e mércores por choiva, vento e temporal costeiro pola chegada de Kirk

07 Outubro 2024

Un importante temporal marítimo en Galicia con ondas de ata sete metros e ventos moi fortes mesmo puntualmente con refachos tempestuosos superiores a 120 km/h nas primeiras horas do mércores.

meteogalicia. Prognóstcio para o martes 8

O achegamento dos restos do furacán Kirk a Galicia deixarán un deterioro progresivo das condicións meteorolóxicas durante esta xornada. O día comezará co ceo parcialmente nubrado e chuvascos intermitentes, menos probables no norte; a medida que avance a tarde as chuvias iranse facendo máis intensas e persistentes, sendo xa xeneralizadas ao final do día. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, sendo fortes, con intervalos moi fortes, a partir do mediodía.

A situación empeorará para a xornada do mércores, cando toda Galicia estará en aviso laranxa por choiva, vento ou temporal costeiro, coa condición do litoral lugués, onde haberá unha alerta pero será de cor amarela.

meteogalicia. Prognóstcio para o mercores 9

Predición marítima martes 8 de outubro

Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 6 a 7 á tarde e 7 a 8 á noite. Forte marusía á mañá, media vaga á tarde e vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e sudoeste á noite, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3 a 5 metros á noite.

Predición marítima mércores 9 de outubro

Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 7 a 9 á mañá, 5 a 6 á tarde e 2 a 4 á noite. Vaga á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do sudoeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 5 a 7 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.