As Amas de Casa e o Concello de Ribeira homenaxean este sábado ás vítimas da COVID

18 Outubro 2024

Ribeira fará este sábado, da man das Amas de Casa e coa colaboración do Concello, unha homenaxe ás vítimas da COVID-19. Así o confirmaron o alcalde, Luís Pérez, a presidenta das Amas de Casa, Puri Cores e a socia Pili Doval, quen animaron á veciñanza a participar no acto de lembranza que terá lugar este sábado día 19 de outubro ás 18:30 horas da tarde no monumento ás vítimas situado na praza de España.

Puri Cores reflexionou sobre a pandemia dicindo que “parece que nos sona moi lonxe pero a min persoalmente impactoume moito e penso que non serei a única, aínda teño esas imaxes gardadas na retina” e asemade engadiu que houbo “xente que morreu soa, que non puido ter á súa familia neses momentos, familias que descoñecían onde tiñan os seus seres queridos…, penso que o mínimo como persoas e humanos é ter un recordo e que saiban que para nós sempre estarán na nosa memoria e no máis profundo do corazón”.

Pola súa banda Luís Pérez sinalou que dende o Concello de Ribeira “sumánonos a esta homenaxe promovida pola asociación Amas de Casa, un evento breve ao que animamos á poboación a participar nel porque queremos lembrar de maneira especial a tódalas persoas que faleceron na época do coronavirus”.

O rexedor engadiu “que parece que a pandemia pasou fai moito tempo pero na nosa memoria seguen estando presentes esas persoas que faleceron soas”. Pérez Barral tamén destacou que durante a pandemia “vimos o mellor do ser humano axudándonos mutuamente a levar adiante a soidade do confinamento”; a pandemia tamén demostrou que o ser humano “é capaz de facer cousas extraordinarias en tempo de dificultades e isto e algo que tamén temos que salientar nesta homenaxe e lembranza de todas esas persoas que faleceron na pandemia e que tristemente non nos poden acompañar”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...