
A nova nave da empresa da ONG Católica Cáritas dedicada a recuperación de roupa e que conta xa con caseque 40 traballadores contará con novas instalacións que permitirán a creación de entre 15 e 25 postos de traballo adicionais, destinados a persoas en risco de exclusión social.
A conselleira delegada da empresa Arroupa, Pilar Farjas Abadía asinou a adquisición dunha parcela industrial de 4.500 m² situada no Polígono Industrial do Tambre. Neste terreo a empresa, que depende de Cáritas Diocesana, proxecta construír unha nova e moderna nave industrial de destinada á reutilización e a reciclaxe de téxtiles, como parte do seu firme compromiso co desenvolvemento dunha economía circular e a loita contra o cambio climático.
Pilar Farjas sinalou que na empresa valórase a sustentabilidade “como base fundamental do noso modelo de negocio e eixo estratéxico no desenvolvemento da nosa actividade empresarial; por tanto, entendemos como prioritaria a súa integración en todos os niveis de xestión e no goberno da compañía”.
Con este proxecto Arroupa dá un paso máis cara á creación dun modelo de negocio responsable que
maximiza o aproveitamento de excedentes téxtiles, evitando o malgasto de materiais e reducindo a pegada ecolóxica da industria.

Impacto social e ambiental
Ademais do seu obxectivo ambiental, Arroupa busca ter un impacto social significativo. A
construción e posta en marcha da nova nave industrial permitirá a creación de entre 15 e 25
postos de traballo adicionais, destinados a persoas en risco de exclusión social. Desta forma a
empresa reforza o seu compromiso non só coa economía circular, senón tamén coa inclusión e a
xustiza social, promovendo oportunidades laborais para aqueles que máis o necesitan e favorecendo o seu
programa de entrega social de roupa a colectivos vulnerables.
Toneladas de téxtil
En 2023 incrementouse a porcentaxe de residuo téxtil recolleito1.400 toneladas. A súa posterior
valorización permitiu a entrega social en tendas de preto de 11.000 pezas a colectivos
vulnerables, unha acción que non só favorece ao medioambiente senón tamén á nosa sociedade en conxunto,
apostando por unha economía circular. Respectouse escrupulosamente a xerarquía de residuos, apostando por lle sensibilización e a reutilización do maior número de pezas posible a través das tendas.
A empresa aposta para os próximos anos por unha recollida segregada do residuo téxtil, valorización
das pezas dándolle unha segunda vida con impacto directo nos colectivos vulnerables e
realizando accións de sensibilización para favorecer un consumo responsable co medioambiente.



