Amicos participa nun proxecto para impulsar a inclusión na promoción do patrimonio cultural pesqueiro: ACD_MAR

18 Outubro 2024

O proxecto ACD_MAR, laboratorio para o fomento da accesibilidade e inclusión de persoas con discapacidade na promoción do patrimonio cultural marítimo pesqueiro é unha iniciativa posta en marcha por FUNDAMAR, Asociación Amicos e a Universidade da Coruña co obxectivo de “fomentar a promoción dunha cultura accesíbel e inclusiva, na que se involucren activamente os e as futuras profesionais do sector turístico, ao sector pesqueiro e marítimo, e ás persoas con discapacidade”.

Ao abeiro da iniciativa, este xoves 17 de outubro, membros do equipo do proxecto acudiron ao Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Alí tivo lugar unha das charlas que se están a desenvolver en centros de formación especializada nos ámbitos de acción do proxecto, co obxectivo de captar alumnado interesado neste tema.

Estes relatorios consisten na intervención de membros do equipo do proxecto, pertencentes ás tres entidades socias, nos que se se presentan os retos e oportunidades aos que debe facer fronte á promoción do patrimonio cultural pesqueiro en materia de inclusión e accesibilidade.

Fontes de Amicos explicaron que este tipo de eventos forma parte da primeira das catro etapas nas que se divide a iniciativa, da que xa hai programada outra xornada o venres 22 de outubro na Universidade da Coruña.

Nas seguintes etapas do proxecto se realizarán unha serie de visitas formativas nas que se incorporan principios e valores de economía social, dirixidas a alumnado, entidades vinculadas a sectores como ocio, turismo, cultura, pesqueiro, ou entidades cunha actividade dirixida a persoas con discapacidade. As primeiras sesións deste tipo realizaranse o 25 e 29 de outubro.

Amicos engade que esta fase está dirixida a poñer en contacto a tódolos actores que participarán no proxecto, para desembocar en encontros entre estudantes e profesionais neurotípicas con persoas con discapacidade nas que se identifiquen os retos e solucións en materia de accesibilidade e

inclusión.

Este é o primeiro paso para a implementación dun laboratorio para estudar e deseñar solucións de accesibilidade que xiren en torno a servizos culturais adaptados a tódalas persoas, con independencia das súas capacidades físicas ou cognitivas, que poidan ser implantadas con éxito en entidades de economía social.

Todo o traballo desta primeira etapa está enfocado no deseño de ideas nas que se eliminen as barreiras para proporcionar experiencias culturais nas contornas pesqueiras pensadas e creadas para chegar a tódalas persoas, en tódolos puntos do proceso cultural. Con especial atención á estimulación do emprendemento, sobre todo o posto en marcha por mulleres e persoas menores de 30 anos.

Así, na primavera de 2025 está previsto celebrarse unha xornada na que os e as participantes presentarán as súas ideas. No acto, un comité especial estudará e seleccionará as tres propostas gañadoras, que pasarán ás seguintes fases. Estas consistirán en visitas e encontros enfocados na posta en marcha e avaliación das propostas seleccionadas e o seu estudo de viabilidade. Ao abeiro do proxecto lanzarase unha publicación inédita sobre emprendemento accesíbel e inclusivo.

Outro dos puntos destacados da iniciativa será tamén a presentación do laboratorio no Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo (SocAnTur), que se celebrará do 11 ao 13 de xuño. Unha presentación que se repetirá en distintos eventos especializados do mesmo tipo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...