Activado o plan Inungal para vixiar o aumento dos niveis dos ríos galegos ante posibles desbordamentos

05 Outubro 2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activar o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), en fase de preemerxencia, ante o posible desbordamento do río Verdugo ao seu paso por Pontecaldelas.

A información recibida a través dos sistemas de seguimento sinala un crecemento significativo do caudal, o que pode dar lugar a enchentes puntuais no seu curso.

Aínda que as chuvias seguen afectando con intensidade á comunidade galega, ata o momento non se rexistraron incidencias de consideración no 112 Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.