Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 13:30 horas desta mañá accidente de tráfico con atrapados no concello de Padrón, na recta da Picaraña á altura da gasolineira.
O accidente foi ocasionado porque o condutor quedou durmido, batendo co tubo da beiravía da entrada dunha pista municipal. Foi rescatado polo maleteiro do vehículo e foi trasladado en padiola ao interior da ambulancia.
O operativo consistiu na excarceración do ferido. Nel participaron tamén a Policía Local, o 061 e o GES.




