
A delegación de Porto do Son da Asociación Española Contra o Cancro está a colaborar con diversas actividades na recadación de fondos da entidade AECC.
A actividade estrela será a Marcha Contra o Cancro que se celebra o vindeiro domingo 27 de outubro.
As inscricións xa están abertas e poden facerse a través da web de En Marcha Contra o Cancro e nos establecementos colaboradores de Porto do Son, Queiruga, Xuño, Carballosa e Portosín.
O prezo será de cinco euros para persoas adultas e de 3 anos para os menores de 12 anos. Podemos colaborar, non caso de non poder asistir, co dorsal solidario.
O punto de partida será a explanada do porto da vila sonense, para enfilar até a igrexa e logo ao Faro de Cabeiro e regresar ao punto de saída. Será unha ruta accesíbel e doada de percorrer, aberta á participación de todas as persoas que queiran participar e achegar o seu gran de area nesta causa solidaria a prol da investigación contra o cancro.



