A Xunta concede a Bandeira Verde Galicia a 24 concellos, incluídos Porto do Son, Boiro, Muros e Ribeira

18 Outubro 2024

A Xunta vén de conceder a Bandeira Verde de Galicia a un total de 24 concellos das catro provincias en recoñecemento “ao seu compromiso medioambiental e ás boas prácticas desenvolvidas no eido do coidado da paisaxe e da súa contorna”.

A Laracha. A Coruña A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participa na entrega das Bandeiras Verdes de Galicia. 18/10/2024 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Acompañada do alcalde da Laracha, José Manuel López, da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou no acto de entrega dos distintivos este venres 18 de outubro, en Caión.

A conselleira amosouse satisfeita pola acollida desta última convocatoria, no marco da cal o Instituto de Estudos do Territorio (IET) recibiu 34 solicitudes. Unha vez analizados todos os expedientes, resolveuse outorgar 24 galardóns a outros tantos concellos, o que supón un 33% máis que na edición anterior e a cifra máis alta de bandeiras verdes concedidas desde a creación deste distintivo.

Ademais, 11 dos municipios lucirán o galardón por primeira vez. Concretamente son: Ares, Begonte, Boiro, Cospeito, Larouco, Lugo (a primeira cidade galega en obter a bandeira verde), Muíños, Ribadeo, San Sadurniño, Silleda e Vilariño de Conso.

Así mesmo, tal e como destacou a conselleira, Porto do Son revalida por quinto ano consecutivo a súa bandeira verde, o que o converte no único concello galego que foi premiado en todas as convocatorias realizadas ata o de agora.

Ademais de Porto do Son, repiten como municipios galardoados, nunha ou en varias edicións anteriores, os de Cervo, Curtis, A Illa de Arousa, Muros, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porqueira, Ribeira, Sanxenxo, Sober e A Laracha, que exerce como anfitrión.

A conselleira felicitou a todos os concellos distinguidos este ano e salientou a importancia da Bandeira Verde de Galicia pola visibilidade que lles outorga como territorios “responsables e comprometidos” co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia.

Cómpre lembrar que a concesión deste recoñecemento supón, ademais, un mérito que se ten en conta e puntúa para a obtención de subvencións convocadas pola Xunta en materia de patrimonio natural e tamén no eido da xestión dos residuos.

Por último, Ángeles Vázquez aproveitou a súa intervención para avanzar que o Goberno galego manterá nos orzamentos de 2025 a súa aposta polo fomento do fermosismo e a protección da paisaxe, obxectivos compartidos tamén polos 24 concellos galardoados coa Bandeira Verde de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.