A xira de INCIBE para fomentar a ciberseguridade fará paradas en Padrón, Boiro e Outes este mes de outubro

09 Outubro 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este martes 8 de outubro a caseta de Experiencia INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) instalada no Centro Socio Cultural de Negreira, onde estivo acompañada polo alcalde da localidade Manuel Angel Leis e membros do equipo de Goberno local. A caseta é unha iniciativa itinerante deseñada para concienciar sobre a importancia de termos navegacións seguras. Está disposta en tres zonas: informativa, demostrativa e de capacitación, e zona de gamificación. O obxectivo é sensibilizar e educar á cidadanía, familias e empresas sobre a importancia da ciberseguridade.

A subdelegada indicou que durante a súa estadía nas diferentes localidades, as persoas visitantes poderán acceder a información sobre protección tecnolóxica e resolver dúbidas; asistir a demostracións prácticas e obradoiros para aprender a protexerse no mundo dixital; e tamén inclúe actividades lúdicas e xogos interactivos sobre a cuestión.

Rivas salientou que un aspecto fundamental tamén das actividades é facer difusión do teléfono 017, unha liña xestionada por INCIBE para resolver dúbidas ou realizar denuncias, e así axudar ás persoas usuarias en todo o que teña que ver coa ciberseguridade. Trátase, dixo, dunha liña telefónica atendida por persoas expertas, na que se garante o anonimato das chamadas, á que calquera persoa pode recorrer en horario de 9 a 21 horas.

Así, tanto as persoas menores como as adultas, poderán aprender xogando, pondo a proba os seus coñecementos en ciberseguridade, a través dos desafíos e xogos que ofrece a aplicación CyberScouts. Demostrarán así quen é a que máis cultura de ciberseguridade posúe e, sobre todo, adquirirán novas competencias para facer un uso máis seguro dos servizos de Internet.

Durante a estadía en Negreira, a caseta contou cun experto en ciberseguridade que ofreceu consellos e información sobre todos os servizos do INCIBE, en particular aqueles dirixidos á cidadanía e os menores (tamén a pais, educadores ou outros profesionais da súa contorna).

Así, durante o mes de outubro, a caseta estará presente en Padrón os días 15 e 16 de outubro no IES Camilo José Cela; en Boiro os días 18 e 19 de outubro; en Vimianzo os días 22 e 23 de outubro na Casa da Cultura; na Serra de Outes os días 29 e 30 de outubro no Pavillón Municipal e en Santiago de Compostela os días 6 e 7 de novembro en CIBER.gal.

Tamén está prevista a visita a Santiago do camión de Road Show entre o 6 e o 8 de novembro: un camión despregábel que está a viaxar por toda España para capacitar en materia de ciberseguridade a toda a cidadanía (desde familias e menores, ata público sénior).

Esta iniciativa realízase no marco dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiada pola Unión Europea (Next Generation).

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.