“A Vivenda” – José Manuel Pena

01 Outubro 2024

A Xunta de Galicia, é competente en materia de vivenda desde a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no ano 1.981, conforme ao artigo 27, punto 3 do mesmo. Desde todo ese tempo foron moi poucas as medidas importantes que se adoptaron para conseguir que a vivenda fose un Dereito no canto dun ben de mercado e de negocio, como continúa sendo na actualidade.

Ata o momento, a maioría das administracións públicas sempre protexeron aos rendistas e propietarios para que fixesen negocio, nunha sociedade dun libre mercado feroz, a través da especulación máis salvaxe. Tamén defenderon ás entidades financeiras e grupos inmobiliarios para que seguisen realizando as transaccións hipotecarias con total impunidade e que máis tarde serían penalizadas por parte dos tribunais de xustiza, por abusivas, arbitrarias e lonxe das Boas Prácticas Bancarias.

O problema da vivenda continúa latente nunha sociedade cada vez máis desigual, onde a xente nova accede ao mercando de traballo moi tarde e con salarios de miseria. Un dos peores momentos, en España, foi a partir do 2.008, coa crise inmobiliaria ou do ladrillo, onde as entidades financeiras dedicábanse a desaloxar a moitos propietarios das súas vivendas habituais por falta de pagamentos da hipoteca. Miles de desafiuzamentos e decenas de suicidios de persoas humildes que, por situacións sobrevindas, quedaran sen traballo ou sen ingresos para poder facer fronte ás cotas hipotecarias dos seus préstamos. Quedaban sen vivenda e ademais estaban obrigados a pagar o préstamo pendente.

Naqueles tempos, non moi afastados, non había nin dacións en pago, nin moratorias, nin suspensión dos desaloxos por vulnerabilidade, nin o Código de Boas Prácticas, nin a asistencia xurídica gratuíta para poder defenderse. En fin, os propietarios e inquilinos atopábanse nunha auténtica indefensión fronte ás entidades financeiras. A maioría dos políticos e gobernantes miraban para outro lado e dicían que todo era unha cuestión particular, entre os hipotecados e as entidades crediticias, cando non querían ser conscientes de que se falaba de protexer a vivenda habitual, non da segunda ou terceira residencia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...