A veciñanza de Ribeira e Boiro achégase este sábado ao Salón Teatro de Santiago para asistir á función Terceiro Acto do CDG

02 Outubro 2024

A Casa da Cultura de Boiro e a Estación de Buses de Ribeira serán os puntos de partida esta finde (este sábado 5 de outubro ás 16.00 dende Ribeira e ás 16.15 horas dende Boiro) para unha excursión teatral a Santiago, co fin de asistir á representación de Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego no Salón Teatro compostelán. Trátase dunha actividade do programa Sobes ao autobús do teatro?, programa de mobilidade do Centro Dramático Galego que permite á veciñanza dos concellos achegarse ás funcións do CDG en Santiago.

No caso de Boiro, máis información e inscrición en cultura@boiro.org ou no teléfono 981 84 84 25.

No caso de Ribeira, no teléfono 981835650 e no correo normalizacion@ribeira.gal.

Sinopse

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...