A Mostra de Teatro de Porto do Son estréase en novembro con cinco funcións

23 Outubro 2024

A Casa da Cultura de Porto do Son dará acollida o vindeiro mes (novembro) a primeira edición da Mostra de Teatro do concello, que serve de complemento cultural (e para público adulto) da axenda para a rapazada do Ciclo Cultural Infantil.

A dita Mostra vén con cinco espectáculos para cada sábado do mes de novembro ás 21.00 horas. As entradas á venda (cinco euros por función, agás Criaturas, do Grupo de Teatro Municipal de Ribeira, que é de balde) na oficina da Área de Cultura en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

O ciclo arrincará con O Furancho, de Ibuprofeno Teatro, este 2 de novembro ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son.

A Mostra vén da man da Área de Cultura do Concello e conta coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña.

· 2 de NOVEMBRO

O Furancho

Casa da Cultura de Porto do Son · 21:00h

Ibuprofeno Teatro ibuprofenoteatro.com

· 9 de NOVEMBRO

Bernarda

Casa da Cultura de Porto do Son · 21:00h

Malasombra Producións malasombra.gal

· 16 de NOVEMBRO

Criaturas

Casa da Cultura de Porto do Son · 21:00h

G.T.M. Ribeira (entrada gratuíta)

· 23 de NOVEMBRO

Running

Casa da Cultura de Porto do Son · 21:00h

De Ste Xeito destexeito.com

· 30 de NOVEMBRO

Arte sen guión

Casa da Cultura de Porto do Son · 21:00h

Galeatro Compañía de Teatro galeatro.es

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.