A Mesa convida ao Foro que se celebra na Toxa a corrixir o topónimo deturpado no seu nome

02 Outubro 2024

A sexta edición do “Foro La Toja”, que se celebrará o 3,4 e 5 de outubro na Illa da Toxa, para definir o marco das relacións xeoestratéxicas globais chega novamente rodeado de polémica como nolo transmite A Mesa pola Normalización Lingüística, que anima á organización deste evento a corrixir o topónimo deturpado, tamén, no seu nome, despois de que a mobilización social conseguira que o evento empregue a denominación en galego, única lexítima e oficial, cando se refire á localidade, pero non na súa propia marca.

“Despois de anos de mobilización social sobre a denominación da illa”, observa o presidente da entidade, Marcos Maceira, “conseguimos que a web do Foro La Toja indique que este terá lugar na Illa da Toxa, respectando por fin a única forma xenuína, lexítima e legal do topónimo, pero conservando o nome deturpado na propia marca”. Logo de comprobar a rectificación no uso do topónimo, A Mesa anima agora á dirección do coñecido foro empresarial a completar a rectificación, mudando tamén o seu nome por Foro A Toxa. “Sen dúbida”, reflexiona Maceira, “esta acción permitiría evitar calquera confusión e amosaría respecto e consideración polo lugar de onde deriva esta denominación”.

A Mesa lembra que a toponimia é a pegada da lingua e cultura sobre o territorio e que as reclamacións de respecto polas formas auténticas da toponimia non se limitou á organización do citado foro empresarial, senón que tamén se estendeu a empresas internacionais como Google, que xa comezaron a rectificar, ou mesmo públicas como RTVE que chegou a responder amosando un absoluto descoñecemento da legalidade e mesmo da xeografía galega.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.