A comunidade de Ambar mobilizouse en Ribeira polo transporte inclusivo e sen obstáculos

23 Outubro 2024


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional mobilizouse este martes 22 en Ribeira, na Estación de Autobuses, para reclamar transporte público accesíbel para toda a cidadanía, no marco das reivindicacións levadas a cabo en toda Galicia (coordinadas pola confederación COGAMI) e en toda España (COCEMFE).

Na concentración en Santa Uxía, a xeito de reivindicación teatral, representouse a espera da que sería a primeira persoa teletransportada dende Madrid. Finalmente o teletransportador da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física e Orgánica (COCEMFE) e o seu Movemento Asociativo non funcionou, mais foi o protagonista na presentación da campaña: Teletransporte contra a discriminación.

“Se a ciencia por fin tivera conseguido deseñar e construír un teletransportador sería a nova do século, sobre todo, para as persoas con diversidade física e orgánica. Por desgraza aínda estamos moi lonxe de conseguir tal avance e teremos que facer uso dos medios de transporte que de momento temos ao noso alcance”, explicaron dende Ambar, engadindo que con esta campaña a asociación do Barbanza e o Movemento Asociativo de COCEMFE queren denunciar a falta de accesibilidade nos medios de transporte e esixir que se cumpran as leis de accesibilidade de maneira simultánea nun total de 28 cidades do país.

No acto participou Cruz Rivadulla, concelleira de Diversidade de Ribeira; Sheila Santos, técnica de accesibilidade; Lydia Parga, terapeuta ocupacional e persoas usuarias da Asociación Ambar. Para rematar a acción, Tony Estévez e Vanessa Villar, persoas usuarias de Ambar, fixeron lectura dun manifesto: “…Como a día de hoxe, non podemos teletransportarnos, ata que o teletransporte sexa viábel como na serie Star Trek, queremos que os nosos transportes urbanos e interurbanos cumpran coas leis de accesibilidade e deixen de ser discriminatorios. A través desta campaña, esiximos que se nos garanta a accesibilidade universal en infraestruturas e vehículos. Aquí queremos incluír a dispoñibilidade de puntos de recarga e subministro eléctrico para dispositivos médicos esenciais como os equipos de oxíxeno líquido, fundamentais para persoas con discapacidade orgánica que requiren apoio respiratorio. …”

Esta campaña está financiada a través das subvencións para a realización de actividades de interese xeral consideradas de interese social da convocatoria do 0,7 do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...