A campaña Merca no teu Comercio – A Coruña repartiu 1.000 euros en premios en Ribeira

30 Outubro 2024

Este 30 de outubro celebrouse na Coruña a gala de premios da campaña Merca no teu Comercio – A Coruña, impulsada pola Federación Galega de Comercio.

En Ribeira repartíronse 1.000 euros en premios entre cinco persoas afortunadas que foron agasalladas con 200 euros cada unha.

Trátase de Alejandra Novo Gómez, polas súas compras en Marfil; Isabel Alonso González, polas súas compras en Rovi; Josefa Martínez Regueira polas súas compras en O Capricho; Adriana Vicente Romero polas súas compras en Lápices de Colores; e Ana Canestro Novo, polas súas compras en Cempés.

Esta iniciativa ten como obxectivo dinamizar as vendas nos establecementos participantes, así como premiar a fidelidade dos clientes dos pequenos comercios.

No acto deste martes 29 de outuro entregáronse 10.000€ en premios na provincia da Coruña, distribuídos en 50 bonos de 200€, e ademais sorteouse unha tarxeta prepago de 1.000€ entre os asistentes.

Na cita participaron representantes da patronal de Ribeira. En concreto, acompañando a Gabriel Alén, director xeneral de Comercio, e máis a José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio, participou na gala Francisco Martínez, presidente da Asociación de empresarios de Ribeira.

A Federación e a Xunta fixeron saber que esta mesma semana actívase na provincia a segunda edición desta campaña, que se prolongará desde este venres 1 de novembro ata o día 20, cun sorteo previsto para o 22 de novembro entre todos os tíckets participantes doutros 50 bonos de 200 €, e cuxa gala final se celebrará o 29 do vindeiro mes ás 19,00 h. en Santiago de Compostela.

A iniciativa Merca no teu comercio, que tamén se está desenvolvendo no resto de provincias galegas, enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do sector.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz, puido ser unha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.