“A acuicultura, “actividade clave” para o desenvolvemento local?”. Antón Luaces

02 Outubro 2024

Nunha xornada organizada por APROMAR, a asociación que aglutina ao sector acuícola español adicado ao cultivo sostible de peixe e algas en mares e ríos, esa entidade ven de celebrar a II Xornada Internacional sobre Acuicultura, Sostibilidade e Desenvolvemento Local na que se concluiu que a acuicultura española transformouse “nunha actividade clave non só no desenvolvemento económico e social das zonas rurais senón tamén coma fonte imprescindible de alimentos esenciais”. Tamén se dixo que a metade do peixe que consumimos procede  da acuicultura e que sen este sector “non habería peixe fresco e de calidade para todos”.

Esta formulación serve de base ou complemento ao sinalado xa na XII Edición do Congreso FAO-Conxemar, celebrado en Vigo, no que o informe SOFIA -eixo central do devandito congreso- puña de relevo a importancia da transformación azul para garantir o futuro dos sistemas alimentarios acuáticos e que, por primeira vez na historia, a acuicultura tiña superado en produción á pesca (94 millóns de toneladas de produción, o 51% do total).

As previsions de crecemento da poboación mundial sitùan esta en 9.700 millóns de persoas no ano 2050, feito que requerirá aumentar a produción un 22% de media, se ben con diferencias atendendo a países e continentes. Só en África sería necesario un aumento do 74%. 

Quedou claro no congreso citado que o da acuicultura é un crecemento exponencial que “nunca substituirá a pesca extractiva”, na opinión do ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, quen lembrou no acto de clausura que España é líder dentro da UE en produción acuícola, con máis de 300.000 toneladas e un valor en venda aproximado de 767 millóns de euros en 2022, engadindo que existe un importante potencial de crecemento nun  contexto no que máis de 800 millóns de persoas padecen fame.

Segundo os datos que baralla a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, esta é a comunidade autónoma con  máis peso no sector pesqueiro: 33,9% das empresas; suma máis do 50% dos ingresos de explotación e xera o 41,3% dos empregos. Na acuicultura é o cultivo de bivalvos o máis relevante xa que logo supón para Galicia o 58% da produción, co mexillón como grande protagonista desta. A piscicultura gaña peso e xa representa o 42% do valor. 

O que, particularmente, non entendo é que se fale do emprego como un dos eixos do sector acuícola – cando resulta evidente que non é así- e que nunca se entone o mea culpa nas consecuencias do desmantelamento sistemático do sector estrativo da pesca, base fundamental que foi -e podería seguir a ser- da socio-economía galega.

E será que non interesa a alguén que así sexa?…

Pode ser, resposto á pregunta. A Xunta e o gran capital -incluido o bancario- están por facer que medren outros sectores supostamente de maior rendibilidade política para uns e de interese económico inmediato e sostido no tempo para outros.

Así vai o choio.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...