A fronte irá abandonando a Comunidade polo sueste. Así, durante as primeiras horas do xoves as chuvias illadas afectarán a comarca e a costa con menos intensidade, abrindo claros. Pola tarde os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos intermitentes. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados no interior, fortes no litoral.

O noso mar: Vento do oeste, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2.5 a 3.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



