“Xan María Castro, sindicalista tranquilo de sorriso permanente”. Antón Luaces

13 Setembro 2024

Do popular barrio coruñés de Monelos, será na capital de Galicia onde Xan María Castro Paz, reciba ás 11,00 deste sábado a máis que merecida homenaxe das Comisións Obreiras de Galicia por medio da Fundación 10 de marzo á que o propio Xan María tanto agarimo dou. Será no edificio  Cersia.

Loitador nato polos dereitos dos traballadores, Xan foi quen de compatibilizar o seu labor profesional co da militancia política e sindical. Neste último aspecto, convencía a proprios e alleos, optando máis por ese que digo sempiterno sorriso que polo ordeno e mando e levando ao seu sindicato en Galicia á cimeira do “poder”, ben entendido este como valor para negociar dende o convencemento de que é máis valioso no debate un amigo convencido que un contrario ao diálogo. Porque o diálogo sempre foi o seu durante máis de vinte anos de exercicio de responsabilidades no eido sindical e na defensa das liberdades persoales e colectivas dende un posicionamento nos alleo ao comunismo (que lle levou a pasar por tribunais e diversos encarceramentos malia a súmjhgha xuventude).

Como sindicalista -tamén, evidentemente, como persoa- Xan María Castro soubo defender os intereses das CC.OO. de Galicia dende a mesura non exenta de contundencia na exposición de motivos a prol dos intereses sociais e políticos que defendía. E para nós, os xornalistas, tantas veces xogando a inquisidores, nunca tivo unha mala palabra, un aceno de desagrado, unha mostra de disgusto ou disconformidade porque á firmeza dos seus argumentos sabía engadir o complemento do sorriso convincente. Foron as súas armas nun tempo no que todos, sindicalistas e xornalistas, aínda tiñamos que validar o honroso título de demócratas dado que cada un de nós viñamos de onde viñamos e non sempre foramos alleos ás trincheiras dende as que defender as nosas posicións respectivas.

Xan María foi un dos fundadores do sindicato nacional de CC.OO. de Galicia. Faleceu en novembro de 2023.       

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.