Volven os Talleres de Memoria de Porto do Son

19 Setembro 2024

Co inicio do curso escolar volven a Porto do Son os Talleres de Memoria para Persoas Maiores (a partir de 55 anos), un conxunto de actividades gratuítas, participativas e creativas que teñen o obxectivo de mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das parroquias e para mitigar e combater o deterioro cognitivo asociado á idade.

Os novos obradoiros celebraranse en catro parroquias: Porto do Son, Caamaño, Xuño e San Pedro.

As inscricións para reservar praza (que son limitadas) deberán facerse na Área de Benestar Social ou no 981 86 74 14.

As actividades celébranse os luns e mércores en dúas quendas pola mañá (de 10.00 a 11.00 e de 11.00 a 12.00 horas) no Club de Xubilados de Porto do Son e os martes e venres na Casa da Cultura de San Pedro (ás 9.30 horas), de Xuño (ás 10.30 horas) e de Caamaño (ás 11.30 horas).

Quen precise máis información sobre estes obradoiros cen por cen gratuítos pode solicitala no teléfono 981 86 74 14.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.