Un incendio calcina unha caseta do antigo colexio Junior’s, en Santiago e varias persoas teñen que ser realoxadas

16 Setembro 2024
Tvg

Non houbo que lamentar danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia do lume un cuarto de hora antes das 18:00. A persoa que alertou indicou que saía fume negro dunha vivenda, preto do colexio Junior´s , en Villestro.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Santiago, que se desprazaron ata o lugar. Tamén se avisou á Policía Nacional e á Local, así como á Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Santiago.

Xa desde o punto, a dotación de bombeiros informou da situación: estaba a arder de forma intensa unha caseta de madeira, aínda que sen ningunha persoa afectada. Ata o lugar tamén se mobilizaron dúas motobombas da Central de Incendios Forestais da zona.

Nunha nova comunicación, os bombeiros confirmaron ter o lume xa controlado, aínda que ían permanecer no punto para facer labores de refresco. O lume fixo que unha caseta ardera por completo, mentres que outra tamén sufriu danos pero só no exterior.

Pola súa parte, a Policía Local indicou que se ía a proceder co realoxamento de varias persoas que estaban no recinto do colexio, por mor do fume causado polo incendio.

O colexio Junior’s pechou durante a pandemia e nos últimos anos serviu como instalacións para empresas de moi diferentes sectores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.