Un home falece en Rianxo tras ser rescatado da auga

19 Setembro 2024

O suceso ocorreu ás 17 horas da tarde na praia de Tanxil, en Rianxo.

Foi a esa hora cando un particular contactaba co 112 Galicia informando de que acababan de sacar a un home da auga e precisaba asistencia sanitaria urxente.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os cales decidiron mobilizar a aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ata o punto, aínda que malia os esforzos por reanimalo só se puido confirmar o pasamento da persoa.

Cabe destacar, que os xestores do 112 Galicia tamén informaron do suceso a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, a os axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...