“Son persoas con dereitos” – José Manuel Pena

24 Setembro 2024

Cada semana xérase unha nova polémica política. Agora volve ser a quenda dos inmigrantes. Cada vez chegan máis, tanto a España como ao resto de Europa en busca de oportunidades, xa que nos seus países de orixe non poden levantar cabeza e viven na máis completa miseria, principalmente os procedentes do continente africano. Algúns chegan como refuxiados ou en busca de asilo.

Hai que ser contundentes e realistas, sinalando que a inmigración non é sinónimo de delincuencia, aínda que estes sexan pobres, negros ou morenos. A maioría dos que chegan doutros países, están a coidar dos nosos pais e fillos pequenos ou discapacitados, moitas veces con salarios de miseria e sen asegurar. Traballan nas nosas fábricas, en buques de pesca ou limpando as nosas casas e as escaleiras dos nosos edificios.

A maioría das persoas inmigrantes dedícanse a traballar, para iso saen dos seus países de nacemento. Xeralmente realizan as súas actividades laborais en sectores que esixen moi pouca preparación académica: hostalería, limpeza en xeral, conserveiras, atención ao fogar, agricultura e gandería, etc. .

Hai que deixar de criminalizar ás persoas vulnerables, pobres e inmigrantes. Son persoas e teñen os seus dereitos, como o resto de mortais. Esa é a vantaxe dos países democráticos, onde impera o Estado de Dereito e a igualdade de oportunidades. Todo o demais son comentarios de faladoiros de café.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...