“Situación de emerxencia na frota palangreira que estuda o despezamento de 45 barcos”. Antón Luaces

12 Setembro 2024

A baixa cotización acadada este verán pola frota palangreira , leva ao sector a declarar unha situación de emerxencia. A frota non cubre custos, e os comercializadores, que financian moitas veces con adianto as mareas de meses de duración nas que se embarca este segmento da frota nos tres océanos, están a ter dificultades para colocar o produto no mercado.

O palangre de superficie, sempre ao límite da rendibilidade por mor da longa duración das mareas, os altos custos de explotación e o limitado valor das capturas, chegou á fractura.

O descenso histórico dos prezos  do peixe espada acadou este veràn unha cotización en primeira  venda de 3,5 euros/quilo para determinados tamaños cando o umbral mínimo de rendibilidade estaba nos 5 euros, feito que levou ao sector a declarar a devandita situación de emerxencia.

O peixe espada acumúlase nos frigoríficos e desplomáronse os prezos nos canais de distribución, para sorpresa e incomprensión dos produtores, segundo informes de “Industrias Pesqueras” que salienta que o peixe espada se mantén con prezos de vai 20 anos, cando en primeira venda acadaba unha certa estabilidade con prezos de entre 8 e 10 euros por quilo. 

Coa chegada do ano 2024 todo mudou: xa no primeiro trimestre, o sector comezou a notar quer o mercado “non  tiraba”. As esperanzas puxéronse daquela no verán (época de forte consumo destas especies) pero que este ano foi o da constatación  da caída imparable que se temía.

Esta crise estival levou á frota a unha delicada situación que se alonga no tempo dende 2013, cando a política de aletas adheridas obrigou á frota comunitaria a asumir importantes perdas, ao entender que a medida tamén sería adoptada polas Organizacións Rexionais de Ordenación Pesqueira (ORP). A continuación veu o COVID-19, que provocou o peche do sector e disparou os custes dos fletes, e a crise dos combustibles, derivada da invasión por Rusia de Ucraína, o que empiorou aínda máis a situación.

Por se isto fora pouco, as incorporacións sucesivas de marraxo e tintorera ao Convenio CITES, aportaron problemas adicionais relacionados coa adaptación normativa á lexislación española, seguida da batalla que afectaba á imaxe pública deste segmento, convertido en branco de numerosas ONG para captura e comercialización. Así, a guerra intensifícase coa iniciativa cidadán europea que propón a prohibición do comercio de aletas dende Europa, o que ven ser unha ameaza moi real para o palangre.

Pero este non é o detonante exclusivo dos palangreiros: foi o de todo o sector pesqueiro, co descenso do consumo de produtos do mar nun 2,2% e nun  30% no acumulado da última década, que se ceba especialmente coas especies do palangre, escenario inédito. Redúcese a demanda e a oferta non vai a menos. O último foi un ano de boas capturas, como tamén o é o actual. O problema é, fundamentalmente,

de consumo. A crise de prezos acentúa as debilidades que afronta a cotío o palangre. Hai xente que fai mareas de catro meses, e se cando chegan venden a estes prezos, entran en números roxos. Véndese espada por baixo dos custes de produción. Polo tanto, hai motivos para estaren preocupados.

Reestruturación?. Non se desbota. O sector formula o despezamento de 45 unidades, o 30% do censo. Quen aposta polo futuro?.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.