“Sen un bo director, non hai orquestra”. Antón Luaces

15 Setembro 2024

O dito é ben certo. E no que atinxe ao mar, moito máis. 

Galicia precisa, dende vai anos, un director/a xeral de Pesca que, as ordes dun conselleiro/a do Mar ou de Pesca, coordinen o labor que lles corresponden en concordancia co sector pesqueiro que, dende vai anos -etapa de Manuel Fraga na presidencia da Xunta, de López Veiga na Consellería de Pesca (con todas as críticas habidas e por haber ao seu labor) e Juan Caamaño como director xeral de Pesca- non atopan o vieiro que conduza ao sector extractivo ao lugar que lle corresponde.

Aínda que o levo dito en moitas ocasións, vou repetilo unha outra vez: no mar ainda quedan posibilidades de pesca dabondo como para que a frota actual se manteña viva; e se non hai remuda para as tripulacións, fixen salarios axeitados ao traballo que os mariñeiros realizan e comprobarán como de repente aparecen as vocacións.

Sen ese bo director, a orquestra da pesca de Galicia non coordina, non afina, non interpreta axeitadamente a obra que figura no atril.

Desafina, e os barcos van ao despezamento.

E na Consellería do Mar, consciente ou inconscientemente, están a contribuir  con todas as gañas a que este prognóstico se faga realidade: a día de hoxe, a Xunta está disposta a seguir dandio a batalla para que a pesca sexa unha das prioridades do Bloque Comunitario, disque.

A prol deste obxectivo, considera o Goberno galego que “o nomeamento dun comisario e dun director xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca será decisivo para que os asuntos pesqueiros teñan a dimensión que se merecen nos órganos de decisión comunitarios”.

 E que pasa en Galicia, logo?. Está a facerse o que serviría como exemplo á UE para acadar esa dimensión que reclama o actual conselleiro do Mar, Alfonso Villares, máis decidido defensor, ao parecer, da acuicultura que da pesca?.

A eses retos sinalados polo conselleiro, súmanse, dí Villares, “outras demandas que lidera Galicia e que pasan polo apoio ao sector na súa transición cara á neutralidade en carbono, por unha lexislación e unha PPC equilibrada e por impulsar a eclnkmñia azul, garantindo a boa gobernanza e a sustentabilidade oceánica”.

O conselleiro Villares apela á responsabilidade de todos: institucións, gobernos e entidades privadas. En ningún caso, o conselleiro cita á Xunta e á Consellería da que se responsabiliza. E tampouco cita á acuicultura, sector absolutamente minoritario nesta Comunidade Autònoma se excluimos o cultivo do mexillón e para o que sempre hai recursos económicos que non existen para a pesca, sector este que aporta moito máis que o da acuicultura económica e socialmente.

O dito: un bo director na orquestra galega, e a sinfonía europea soará sen problemas de afinación e interpretación da partitura. Por certo: canto tempo pasou dende a última visita a esta comunidade dun comisario europeo de Pesca?, canto tempo leva a Consellería do Mar/Pesca sen ir a Bruxelas?.

Antes había unha comunicación directísima….

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...