Ribeira acolle un curso de lingua galega preparatorio para as probas CELGA

05 Setembro 2024

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia. Trátase dunha actividade formativa de balde a desenvolver en horario de tarde, de 19 a 21 h. A inscrición estará aberta aberta ata o día 17 de setembro, data na que dará comezo o curso. Todas as persoas que teñan interese en asistir poderán inscribirse enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal, segundo explicaron este xoves 5 de setembro a concelleira Cruz Rivadulla e a responsábel de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, Alicia Padín.

Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)
Data de comezo 17 setembro de 2024
Horario: de 19 a 21 h todos os martes e mércores
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Inscrición aberta ata o 17 de setembro. Para inscribirse é preciso enviar un correo co nome, apelidos e teléfono a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.