Ribeira acolle este mércores ao mediodía un bingo comunitario de AGADEA con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

11 Setembro 2024

Con motivo da celebración do Día Mundial do Alzhéimer, a Asociación AGADEA Ribeira celebra este mércores 11 un bingo solidario e comunitario na praza de España de Ribeira. Desenvolverase a partir das 12.00 horas baixo o lema Un día para lembrar. Este evento contará coa presenza do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, quen se encargará de “cantar” algúns dos números do bingo para a veciñanza. Prevese a asistencia de ao redor de 60 persoas.

Ademais do rexedor, estarán presentes diversas entidades sociais e inclusivas de Ribeira e da comarca do Barbanza como A Creba e Ambar, que se suman a este acto de sensibilización sobre unha enfermidade que afecta a máis de 70.000 persoas en Galicia. Tamén estará presente a presidenta de AGADEA, María Isabel Gey, quen realizará declaracións aos medios en relación ao mes de setembro, dedicado á concienciación sobre o alzhéimer.

O comercio local de Ribeira colaborou activamente na organización do evento, ofrecendo agasallos que se repartirán durante o bingo.

Desde as 11.00 horas, a praza de España será escenario de diversas actividades, co obxectivo de trasladar por un día as dinámicas do centro de día á rúa para “permitir a participación de toda a cidadanía”, explicou AGADEA.

María Isabel Gey, presidenta de AGADEA

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.