“Quen o diría!”. Luís Celeiro

27 Setembro 2024

Foi á biblioteca e alí, no mesmo andar onde estivera, estaban os libros que lle gustaban, as
cadeiras que el mesmo usara, as mesas nas que pousaba os libros perforadas e con
enchufes para enchufar os ordenadores, o teléfono e a cámara de vídeo para retratar a
quen se mova. A biblioteca chea de libros, de coñecemento, de saberes e de experiencias,
alí está ergueita, acompañando o pasar do tempo.
No século XIII, xunto co rexurdimento das cidades, aparecen as universidades, empurradas
pola curiosidade intelectual, e con elas as bibliotecas, como almacéns de coñecemento, de
libros e documentos, abrindo portas para a transformación da sociedade, para os cambios
que aínda seguen en marcha.
A finalidade de cada unha e de todas as bibliotecas é esa: adquirir, conservar, estudar e
poñer á disposición do público os libros, os documentos e os saberes que conteñen e
manteñen. A espléndida, excelente e magnífica biblioteca madrileña da Praza de Colón é un
dos contedores culturais máis relevantes da redonda. Foi fundada en 1711 por Felipe V e, en
1836 deixa de ser propiedade da coroa e pasa a depender do Ministerio da Gobernación, co
nome de Biblioteca Nacional. Agora, co mesmo nome, depende do Ministerio de Cultura.
Aquí, nesta e noutras bibliotecas, gárdase a memoria do que fomos e do que foron os
tempos pasados. Esta memoria está, escrita e debuxada, á disposición dos interesados, dos
lectores e observadores que miran para o pasado, de camiño que axudan a construír o
futuro. Ao pensar nisto, calquera pode recoñecer e valorar a importancia da palabra
gardada e da escritura, en calquera das súas formas.
A importancia que tivo e ten o papel, inventado en China uns cento cincuenta anos antes de
Cristo, foi relevante. Procedía dunha pasta feita coa mestura de materiais téxtiles, como a
fibra de seda, e vexetais, entre eles o cáñamo e o algodón. Aínda que, segundo contan,
tamén se facía papel de bambú, moreira, liño, palla de trigo e arroz. A expansión do papel
comeza no mundo islámico, de tal forma que, a finais do século VIII, en Bagdad había
fábricas de papel e en Exipto, no século X. A produción nestes casos era maioritariamente
de trapos vellos. Sería importante saber que produto vai empregar Altri en Palas de Rei, se
chega o caso. E onde estarán as plantacións para a produción do mesmo?
En Europa o primeiro muíño de papel construírono os árabes, no ano 1150, en Xátiva
(Valencia) e, paso a paso, foi achegándose a outros países, xeneralizándose a súa fabricación
a partir de mediados do século XIV. Agora, os fabricantes son portugueses. Quen o diría!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...