“Poucas voces, algo de ruído e ata a próxima” – Antón Luaces

30 Setembro 2024

Para a maior parte da veciñanza de Boiro, a pretensión dun pequeno grupo de habitantes de Escarabote-Lampón (terra de boas cereixas en tempos) de mudar a decisión da corporación municipal de dar -pleno do 27 de abril de 2023-  o nome do Padre Joseba ao treito de estrada coñecido como Carretera do Muelle (carecía dunha denominación oficial) non é outra cousa que “saír nos papeis” e “xa o acadaron”: menos de medio  cento de residentes, en uso dos seus dereitos de manifestación, concentráronse o sábado pancarta en man de media ducia deles para esixir do Concello o troco do nome aprobado na devandita sesión municipal, que recoñecía o labor levado a cabo por Joseba Beobide, sacerdote do Stella Maris, durante o seu periplo de anos en Terranova e en contacto permanente coas tripulacións  dos bacalloeiros galegos e vascos que faenaban naquelas augas canadenses.

Entres estes tripulantes, bo número de boirenses de Escarabote e outras parroquias do concello.

A petición, formulada pola Asociación Española de Titulados Náutico-Pesquera (AETINAPE), que se facía eco da dirixida a esta por, entre outros, mariñeiros do municipio de Boiro, foi aceptada sen discusión polos integrantes do equipo de Goberno que a levou ao pleno e este, como está previsto, tomou unha decisión que agora unha mínima representación da veciñanza de Boiro tenta modificar no senso de que se retome a antiga denominación de Carretera do Muelle sen máis motivo que o xustifique que era o nome anteriormente empregado (cando en realidade era un nome consecuencia da falta do mesmo).

O chamado feito por este mínimo grupo á participación dos veciños na concentración-manifestación anunciada para as 12,00 do pasado sábado, non obtivo máis resposta que a dunha vintena de persoas, que se concentraron portando unha pancarta reivindicativa mas inmediacións do varadoiro de Escarabote.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.