Pontón pide ao PP que escoite as familias de Rianxo: “Todo o alumnado ten dereito á educación de calidade, viva onde viva”

19 Setembro 2024

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitou a súa visita ás Festas da Guadalupe en Rianxo para amosar a súa solidariedade coas nais e os pais de Rianxo e a súa comarca que levan semanas denunciando falta de persoal nos centros educativos, deficiencias nas instalacións e aulas con máis alumnos e alumnas do recomendado.

“Todos os nenos e as nenas, vivan onde vivan, teñen dereito a unha educación de calidade”, subliñou Pontón, que avanzou que o BNG levará ao próximo pleno do Parlamento os problemas que están a denunciar as familias de Rianxo.

Pontón dirixiuse expresamente ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para que “escoite os pais e nais desta comarca” e “para que o Goberno do PP deixe de escatimar recursos no sistema público educativo, porque estamos a falar do investimento máis importante que podemos facer como sociedade”. Pontón tamén dixo que o Executivo autonómico “demostra pouca sensibilidade” pola falta de persoal, especialmente no caso das nenas e nenos con necesidades educativas especiais. En relación ás “deficiencias nas instalacións escolares”, afirmou que “non podemos permitir que a estas alturas teñamos centros educativos onde chove”, toda unha “vergoña” que, sentenciou, “deixa ben claro que fronte á propaganda do PP, a realidade é outra ben diferente”.  

Pontón visitou esta mañá as Festas de Guadalupe en Rianxo, unha das celebracións de máis sona e tradición na comarca da Barbanza e declarada Ben de Interese Turístico.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.