A compañía Pistacatro representa esta semana a súa función Isolada en Boiro. Será este venres 27 de setembro ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. Isolada é unha función para público familiar e infantil protagonizado por Natalia Pajarito, que nos presenta o peculiar universo dunha muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día.
En concreto, a obra conta chegada da pallasa Natalia-Pajarito a unha illa, pero non unha illa calquera: unha illa onde sobrevivir é naufragar, e o fracaso unha forma de existir. Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar, co presente, coa realidade que se vive.




