Pedro Blanco e María Rivas destacan en Muros os preto de 2 millóns de euros achegados polo Goberno ao Concello en materia de vivenda

13 Setembro 2024

O delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, e a subdelegada María Rivas visitaron esta semana a vila de Muros e mantiveron unha xuntanza de traballo coa alcaldesa María Longa arredor dos investimentos do Goberno na localidade, que en materia de vivenda superan os 1,7 millóns e concrétanse na rehabilitación e mellora do IES Fontexería, actuación que recibe 1,4 millóns de euros do Plan de Recuperación a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP), e na recuperación e posta en valor de 17 inmóbeis do centro histórico da vila, cunha achega Ministerio de Vivenda de 300.000 euros. Blanco e Rivas aproveitaron a estadía para reclamar axilidade á Xunta á hora de executar os 426 millóns de euros transferidos a Galicia desde a chegada ao Goberno de Pedro Sánchez para políticas de vivenda.

Pedro Blanco tamén aproveitou para destacar a aposta do Goberno pola vivenda. “Somos un Goberno que está a facer desta cuestión, que preocupa a tantos galegos e galegas, un piar da súa acción”, sinalou, como queda patente na aprobación da primeira Lei de Vivenda da democracia ou na posta en marcha de políticas que favorecen a emancipación da mocidade, como a liña de avais do ICO, “que van permitir aos mozos e mozas menores de 35 anos acceder a unha hipoteca cubrindo o 20% da mesma”; o bono Alugueiro Novo, ou os máis de 58 millóns de euros que o Goberno transferiu á Xunta para a construción de vivendas para alugueiro social nas principais vilas e cidades. O obxectivo do Goberno, comentou, “é rehabilitar máis de 20.000 vivendas e levantar 1.200 novas vivendas sociais en Galicia, pero para iso precisamos a colaboración leal da Xunta”, apuntou Blanco, que aspira a poder “traballar man a man co Executivo autonómico para facer da vivenda ese dereito que quedou recollido no seu día na Constitución”.

Investimentos en Muros

O delegado e a alcaldesa de Muros, acompañados pola subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, e o primeira tenente de Aacaldesa da vila muradá, Caridad González, quixeron poñer en valor os preto de 2 millóns de euros que inviste o Goberno na localidade.

Xunto ás actuacións en materia de vivenda, Pedro Blanco indicou que o concello tamén forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Ría de Muros-Noia xunto cos concellos de Noia, Lousame, Porto do Son e Outes. Este plan, cun orzamento conxunto de 2 millóns de euros con cargo ao Plan de Recuperación, contempla o reforzo da senda litoral da ría de Muros–Noia, abrindo novos tramos para persoas e bicicletas, habilitando aparcamentos para bicicletas e autocaravanas, e ordenando os usos en espazos protexidos.

O delegado e a alcaldesa tamén comprobaron o avance de iniciativas como o programa UNICO de banda larga, que dotará de conexión a Internet de alta velocidade a 782 vivendas e familias que ata o de agora carecían deste servizo na localidade. Os investimentos do Gobierno na localidade complétanse cos 32.952 euros que recibe Muros no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.