Os festivais Titiriberia, Rock & Dorna, Rock in Rian, Castelo Rock e Titiribeira acadan subvención da Deputación

18 Setembro 2024

A Deputación da Coruña investirá 649.423 euros no programa FO223/2024, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a organización de festivais audiovisuais, musicais, de artes escénicas, mixtos e singulares na provincia da Coruña durante o ano 2024.

Neste exercicio será os 31 beneficiarios; entre eles, o Rock & Dorna de Ribeira (Festa da Dorna), o Castelo Rock (Muros) o FIOT de Carballo, o Resis, o festival rianxeiro Rock in Rian, o Castelo Conta 2024, a Festa da Carballeira de Zas, o Feito a Man, o festival de narracións orais Atlántica, o (S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, o Festiletras, o MICE, o Titiriberia (o festival de monicreques de Rianxo) ou o Festigal, tamén en Compostela. Recibirán axudas de entre 6.000 e 45.000 euros.

“No contexto actual”, explica a deputada de Cultura, Natividade González, “para esta Deputación poder manter o nivel de apoio que vén dando aos festivais de artes escénicas, cinema e música da provincia, o futuro esixe avanzar da man dos propios eventos na procura dunha maior estabilidade orzamentaria, dun maior equilibrio nas axudas recibidas por parte das diferentes administracións e dunha comprensión e asunción dos problemas que presenta a propia evolución do sistema de festivais, que medraron en número e orzamentos nos últimos anos”.

A listaxe de entidades que recibirán a subvención e o importe de cada unha pódense consultar no BOP do 17 de setembro.

O festival Titiriberia de monicreques de Rianxo

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.