O proxecto da USC e a Xunta para galeguizar Siri e Alexa recala este xoves en Ribeira (e o 29 de outubro en Muros)

30 Setembro 2024

Este xoves 3 de outubro o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial, impulsado pola Universidade de Santiago e Secretaría Xeral de Lingua, recala en Ribeira co obxectivo de gravar as voces da veciñanza e impulsar o desenvolvemento dun dos grandes proxectos de Nós: facer realidade (coas contribucións orais da cidadanía) que a Intelixencia Artificial, e máis polo miúdo sistemas tan estendidos e populares como Siri ou Alexa, sexan quen de falar en galego.

Ao longo de todo o día un grupo de persoas expertas da USC estarán agardando polas voluntarias e voluntarios na Aula CeMIT de Ribeira (Cubeliños, 20) para amosar como gravar as voces das persoas que participen na xornada de xeito que poidan contribuír, en última instancia, a un uso pleno do galego en asistentes intelixentes, ordenadores ou dispositivos móbiles en xeral.

Desde o Concello fan un chamamento a “participarmos nun proxecto tan importante coma este para o futuro da nosa lingua”, só é preciso “establecermos contacto co Servizo de Normalización Lingüística (normalizacion@ribeira.gal; 981835650) para cadrar as horas nas que irmos á Aula CeMIT, e evitar así agardas”.

A xeira de gravación levarase a cabo o vindeiro 3 de outubro, xoves, en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 h.

Lembrar que en datas recentes o proxecto tamén fixo parada en Porto do Son.

Para quen non o saiba, o Proxecto Nós é unha iniciativa destinada a consolidar e dinamizar o galego no ámbito das tecnoloxías intelixentes de vangarda (impulsado pola Universidade de Santiago e a Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, agora Secretaría da Lingua). Unha das súas liñas de traballo consiste en recoller diferentes xeitos de falar da nosa terra a través da dita campaña de doazón de voz que busca crear unha gran base de datos dixital que salvagarde o tesouro galego das diversidades dialectais e fonéticas, propiciando que todo tipo de dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a nosa lingua.

Lembrar que a xira para a captación de voces recalará tamén, o 29 de outubro, na Aula de Informática da Casa da Cultura de Muros, a partir das 10.00 horas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...